O Garaysa Xiria fixo un primeiro tempo moi completo pero non puido co potencial goleador do Rasoeiro

O Garaysa Xiria fixo un primeiro tempo moi completo pero non puido co potencial goleador do Rasoeiro

Garaysa Xiria – 29 (17+12): Xurxo, Julio, Alex (6), Brian, Iker (3), Adrián (2), Pedro (10), Franco (2), Mario (4), Iago (2) e Manuel.

Bm. Rasoeiro – 33 (15+17): Alex, Daniel, Iván M. (3), Javier (1), Brais, Raúl T., Rodrigo (6), Martín (4), Manuel, Antonio (2), Iván H. (9), Adrián (5), Raúl I. (3) e Cristian.

O Garaysa retomou a competición logo do parón do Nadal con moi boas sensacións, fronte a un Bm. Rasoeiro que tivo que empregarse a fondo para levar os puntos para O Grove.

Durante toda a primeira metade os carballeses dominaron no electrónico con marxes de ata 4 goles amosando un bo xogo colectivo nas facetas ofensivas e unha alta intensidade na súa defensa, apoiada por un gran Julio que realizou unha primeira parte moi seria aportando moita seguridade baixo paus e realizando paradas de gran factura.

So as accións individuais dos primeiras liñas do Grove permitían que o Garaysa non acadara marxes máis amplas durante este tempo.

Un gol do Rasoeiro no último segundo do primeiro tempo reducía a marxe do Garaysa a 2 goles (17-15) ao descanso.

No inicio do segundo tempo o equipo visitante sorprendeu cunha defensa en presión dende o medio do campo. Algo que en teoría debía beneficiar aos nosos xogadores, moi acostumados da etapa alevín a desmarcarse ante defensas individuais, converteuse nun despropósito de balóns perdidos e contragolpes directos do Rasoeiro que en apenas 5 minutos dáballe a volta ao encontro colocándose por riba no marcador. Sen embargo os do Xiria souberon reconducir a situación e no minuto 8 colocaban a igualada.

Dende ese momento os locais sufriron varias exclusións, algunha delas moi rigorosa, que deixaron en moitas ocasións aos nosos en inferioridade numérica, nalgún momento ata con dous homes menos, o que poñía moi costa arriba a remontada. Aínda con todo o Garaysa non daba nada por perdido e pelexou ata o final, tentando a remontada cunha defensa individual nos últimos minutos que nesta ocasión non deu os seus froitos. Ao remate 4 goles por abaixo, 29-33, a maior diferenza en todo o partido.

Pese a derrota o Garaysa amosou unha gran imaxe no Vila de Noia cun equipo todo composto por xogadores de primeiro ano, a excepción de Pedro Pereira, que deixou patente  a súa condición de veterano asinando un gran partido. Unha mágoa non poder sumar algún punto nun encontro no que os locais mereceron máis tralo visto no terreo de xogo.

Clasificación trala 13ª xornada:

Clasificación


Fotos do encontro:

IMG_4502 IMG_4498 IMG_4499 IMG_4500 IMG_4501