O Garaysa Xiria gaña en Redondela

O Garaysa Xiria volve a coller sensacións e logra unha gran vitoria na súa visita a Redondela, onde os de Carballo dominaron de principio a fin.

Sar 21 – Garaysa Xiria 38

Garaysa Xiria: Álvaro Gómez, Lucas Fajardo, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Xabi Fernández, Hugo Rivas, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada do Grupo F da Copa Galicia infantil masculina disputado no pavillón de A Bombonera (Redondela).

O partido non tivo moita historia. O Garaysa amosou a súa superioridade dende os primeiros minutos, cun gran ataque e unhas boas intervencións de Xano na portería. A segunda metade seguiu a mesma dinámica que a primeira e os de Carballo non baixaron o ritmo, para chegar ao final do partido cunha ventaxa de 17 goles.

O Garaysa Xiria acaba como 2º do Grupo F e está á espera de saber se se clasifica a cuartos de final como un dos mellores segundos.