O Garaysa Xiria non opuxo resistencia a un Octavio que arrasou

Academia Octavio – 38 (17+21): Miguel, Javier (4), César (5), Gonzalo (3), David C. (3), David F. (4), Guillermo (1), Rubén (2), Roi E. (4), Bruno (2), Martín (2) e Roi G. (8)

Garaysa Xiria – 18 (8+10): Julio, Pedro (3), Mario Cancela (1), Manuel, Diego Rgz. (1), Brian (2), Alex (5), Mario Rincón (4), Iago, Xurxo (2), Adrián, Franco, Iker, Renzo, Diego Lema,

Partido correspondente á 12ª xornada da Liga, que aprazara a Federación para esta fin de semana.

O encontro tivo un claro dominador dende o comezo. Os de Vigo saíron moi concentrados e non tardaron en tomar vantaxe. O ataque do Xiria non funcionaba, só Mario e Brian, na zona esquerda, mantiñan ocupada á defensa viguesa.

A debilidade en defensa, unido á velocidade que lle imprimían ao xogo os locais, facían imposible deter a goleada.

Pese á derrota o Garaysa puido celebrar, ca liga xa rematada, que mantén a categoría na División de Honra para a vindeira tempada.

Clasificación final:

Clasificación

 

 

 

Fotos do encontro:

IMG_4828 IMG_4834 IMG_4835