O Garaysa Xiria non puido cun Culleredo que foi mellor

Chegaba a derradeira xornada do grupo na categoría infantil masculina e na mañá do sábado visitaba Carballo o Balonmán Culleredo Sutenor. Un equipo moi ben traballado que nos viña de gañar a semana anterior e que se encontraba na clasificación con 10 puntos, 2 menos ca o Garaysa, polo que se esperaba un partido de ti a ti.

Arrancaba o partido con moitas dúbidas para o Garaysa, que non conseguía entrar no partido e que estaba tendo moitos erros nos lanzamentos de 6 metros. Pero logo do parón para a hidratación, os de Carballo comezaron a soltarse e conseguiron pasar dun 8-14 a irse ao descanso cun 13-14.

A segunda metade colleu a mesma tónica ca primeira e o Bm Culleredo saleu maís enchufado e foise de 7 no marcador nada máis comenzar. Cando os de Carballo quixeron reaccionar xa era moi tarde, co que se chegou ao final do partido cun 26-31 para os visitantes.

O Garaysa Xiria remata así 2º de grupo con 8 puntos nesta primeira fase onde tivo moi bos momentos de balonmán e que de seguro que serán más no 2021.

GARAYSA XIRIA 26 (13+13): Antón Pardiñas, Yago Sande, Marcos Suárez (7), Henrique Traba (4), Dani Periscal (5), Simón, Jorge, Álvaro García (2), Brais Suárez (1), Maxi (1), Nico Cancela (4), Lucas Amado.

BM CULLEREDO SUTENOR 31 (14+17): Samuel (12), Marco, Aaron, Anxo (3), Iago (1), Jaime (2), Alejo (4), Adrián (4), Bruno, Iván (1), Mateo, Rubén, José Miguel (4).