Garaysa Xiria – 20 (10+10): Pedro (6), Mario R. (1), Manuel, Alex (9), Iago, Adrián, Julio, Iker, Franco (2), Brian, Diego e Mario C. (2).
Interatlantic Luceros – 20 (11+9): Iker (2), Brais, Sergio, Pousada (2), Adrián, Caballero (1), Javier, David Pérez, Diego (6), Iago, Eric (4), Rodrigo, Pablo (5) e José.
O Garaysa e o Luceros enfrontáronse este Domingo nun encontro moi igualado de principio a fin, no que o Garaysa acadou un punto que deixa un sabor agridoce, xa que os carballeses dispuxeron de varios balóns nos últimos ataques para colocarse por riba, pero non puido ser, e o duelo rematou co reparto de puntos.
O encontro comezaba con moita igualdade no marcador, O Garaysa mandaba con pequenas vantaxes durante os primeiros 15 minutos, pero sen chegar a despegarse. Varios erros nas marcaxes neste final do primeiro tempo permitían goles fáciles para os de O Morrazo que chegaron ao descanso 10-11.
Salvo eses pequenos despistes os locais amosaron unha boa intensidade defensiva durante todo o encontro, o que provocaba continuos erros no ataque do Luceros. Sen embargo en ataque o Garaysa tamén cometía demasiados erros, faiando lanzamentos claros dende 6 metros ou pisando o área cando chegaba o balón gañado para os extremos. Con esta tónica, a igualdade no marcador e os poucos goles marcados, foron unha constante durante os 50 minutos.
Na recta final, co empate no electrónico, os nervios e as presas afectaron aos dous equipos que pasaron os últimos 5 minutos sen marcar e xogando con máis corazón que cabeza.
Ao remate empate a 20 no marcador e reparto de puntos, nun encontro onde a igualdade foi a nota predominante.
Clasificación trala 17ª xornada:
Fotos do encontro:













