O Garaysa Xiria vence en Culleredo

O Garaysa Xiria dispotou o pasado sábado, día 5, o partido correspondente á terceira xornada de liga. Os de Carballo querían continuar pola senda da vitoria contra un Culleredo, que sempre ten bos rapaces nas súas filas.

O partido comezou con certa igualdade. Os dous ataques impoñíanse as defensas. A defensa do Garaysa falta da profundidade que lles caracteriza, e pasiva ante o ataque dos de Culleredo. Sen embargo, no ataque estaban a tomarse boas decisións e a mover a pelota con seguridade e acerto.  En canto foi avanzando a primeira metade o Garaysa foi capaz de enchufarse un pouco máis na defensa e, de este xeito, distanciarse no marcador ata o 13-20 que marcaba o electrónico ao final dos primeiros 25 minutos.

A volta dos vestiarios o Garaysa prantexou unha defensa 6-0 con moitas salidas. E pola contra, o rival unha defensa 3-3 moi presionante, defensa que fixo que o Garaysa tivera ata 7 perdas de balón na segunda parte por imprecisións nos pases, cousa pouco común neste equipo. Con todo, e a pesares de non facer unha boa segunda metade o equipo carballés foi quen de manter a ventaxa terminando o partido con 23-31.

Destacar o debut, xa dende o comezo do partido, de Antón co Garaysa. Para a semana visitanos un equipo forte como é o Cisne no que seguro que será un partido moi competido.

Bm Culleredo Sutenor 23 (13+10)  Samuel Seijas (2), Marco González, Roi García (1), Marcos Regueiro (7), Teo Calvo,  Aaron Blanco (1), J. Miguel Martínez, Alejo Martínez (2), J. Francisco Pazos (2),  Diego del Río, Iván Sánchez (1), Adrián Veira (7)

GARAYSA XIRIA 31 (20+11) Hugo García, Manuel Pérez (4), Pablo Suárez, Xurxo Fraga (5), Marcos Amarelle (1), Miguel Cambón ,  Ángel Villar (2), Manuel Rey (3), Erik Vázquez (5), Pablo Veiga (11), Daniel Bello (p), Antón Pardiñas (p).