O Garaysa xogará na Liga Ouro

O Garaysa Xiria clasifícase para a Liga Ouro infantil masculina e competirá contra os mellores equipos de Galicia.

SD Teucro 16 – Garaysa Xiria 43

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Lucas Fajardo, Óscar Longueira, Dani Pan, Héctor Dubra, Ivan Rey, Saúl Fuentefría, Álvaro Cotelo, Hugo Rama, Jorge Nielsen, Tomás Añón, Iker Lema.

Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada do Play Off infantil masculino disputado no Pavillón de Almeiras (Culleredo).

O Garaysa chegaba a Culleredo co obxetivo de meterse na Liga Ouro infantil masculina e o primeiro rival ía ser o Teucro.

Os de Carballo comezaron o partido intratables, cun parcial de 11-0 no marcador gracias a unha gran defensa e rápidos contrataques. Pasaban os minutos e o Garaysa non baixaba o ritmo e seguía apretando, tanto en defensa como en ataque, sabendo atacar moi ben a defensa 6:0 dos pontevedreses.

Chegados á segunda metade, e co marcador con 20 goles arriba, os dous equipos deixáronse levar co que se e chegaría ao final do partido cun 16-43.

 

Balonmán Culleredo 44 – Garaysa Xiria 28

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Lucas Fajardo, Óscar Longueira, Dani Pan, Héctor Dubra, Ivan Rey, Saúl Fuentefría, Álvaro Cotelo, Hugo Rama, Jorge Nielsen, Tomás Añón, Iker Lema.

Incidencias:  Partido correspondente á 2ª xornada do Play Off infantil masculino disputado no Pavillón de Tarrío (Culleredo)

O domingo chegaba a 2ª e última xornada do Play Off e os dous equipos, tanto Culleredo como Xiria, chegaban ao partido con 1 vitoria cada un e cun goleveraxe a favor moi amplo.

O partido comezaba mal para o Garaysa, onde a defensa 3:3 presionante dos de Culleredo fíxolles precipitarse e cometer moitos erros de pase.

Logo do descanso e cunha ampla desvantaxe de 14 goles, o partido non tivo máis historia co que se cehgaría ao final co 44-28.

O Garaysa clasifícase así para a Liga Ouro infantil masculina logo de quedar 2º de grupo cun golaveraxe de 11 goles a favor que lle permite ser dos mellores segundos clasificados.