O Gestagua Xiria cae derrotado fronte o CP Lucense

Este sábado as rapazas do Gestagua Xiria recibían en Carballo ao Lucense para desputar o partido adiantado correspondente a terceira xornada ligueira.

Comezaban as carballesas moi dubitativas no terreo de xogo, vendose superadas con claridade no primeiro cuarto polos rapaces de Lucense, máis asentados no terreo de xogo e coas ideas máis claras.

Pouco a pouco as xogadoras locais foron mellorando o seu xogo defensivo sendo quén de roubar varios balóns e materializandoos na contra. Non se atopaban tan cómodas na faceta ofensiva, estando demasiado estáticas e con pouca fluidez de balón, o que aproveitaba o equipo rival para anticiparse e saír a contra. 

O equipo lucense conseguiu facerse coa victoria en todos os cuartos quedando así un marcador final de 4-12. 

Teñen moito marxe de mellora as nosas miniguerreiras, que aínda se atopan no proceso de adaptación ao balonmán 7. 

Gestagua Xiria: Xulia Suárez, Lucía Ngnipa, Lorena Ngnipa, Elena Rodríguez, Sofía Rey, Mencía Rodríguez, Julia Verdes, Noa Porteiro, Lucía Castiñeiras, Paula Abelenda, Natalia Varela, Ana Antelo e Mara Vidal. 

CP Lucense Masculino: Lucas Díaz, María López, Óscar Alonso, Álvaro Guerrero, Martín Alonso, Adrián Mosquera, Joaquín Álvarez,  Aya Aferdad e Iván Vila.