O Goldie Xiria Carballo Turismo consegue o imposible en Bueu

O noso equipo senior feminino gaña en Bueu con marcador moi abultado (19-47) e consegue clasificarse coma mellor segundo para desputar a fase pola Final Four.

As nosas rapazas precisaban un partido case perfecto no derradeiro encontro da segunda fase ante o Gescolor Bueu Atlético Balonmán o pasado domingo pola tarde e así foi coma sucedeu. Cun inicio de partido moi serio, dende o comezo o Xiria marcou unha intensidade defensiva moi alta e centrou o xogo en rápidas transicións con moito acerto de Minia nas accións de un contra a un na zona central que permitían chegar ó minuto 15 cun parcial de 3-13. No que restaba de primeira metada a tónica foi moi distinta, os trocos non terminaban de asentarse e ansiedade comezaba a apoderarse das xogadoras que se atopan incapaces de incrementar a diferenza a chegábase ó descanso co resultado de 8-20.

Á volta dos vestiarios, a superioridade xiareira seguía a ser evidente, o equipo traballaba en cada unha das fases do xogo sabendo que cada balón podería ser decisivo á hora de acadar o obxectivo de superar en gol average ó BM. Camariñas, que ata ese momento era o equipo clasificado. Con Jessi e Raquel moi motivadas en defensa e con capacidade para roubar balóns, Elena moi enchufada nas accións de contraataque e Tamara e Aida decisivas con accións de lanzamento dende os 9 metros, todalas pezas estaban a encaixar, todalas xogadoras estiveron espléndidas e, coma se de traballo de formigas se tratase, chegábase ó minuto 28 coa diferenza de 27 goles, os xustos e necesarios, e bocina final reflexaba o 19-47 no marcador.

Merecido premio para o equipo, recompensa ó bo traballo de toda unha tempada e un verdadeiro orgullo e exemplo de loita para todo o clube

O Goldie Xiria Carballo Turismo asegura deste xeito a permanencia e vai a por todas nesta fase pola final four na que se medirá ó Millavén Centro Jardín CP Lucense, ó BM Caselas e ó Carnicería BM Pabellón.