O Goldie Xiria Carballo Turismo recupera sensacións e volve á senda da vitoria

https://www.youtube.com/watch?v=P7HGeeO0br0
 
O Goldie Xiria Carballo turismo, afrontaba o pasado sábado a cuarta xornada de liga no seu feudo coa intención de recuperar sensacións e non ceder dous novos puntos. Despois das dúas derrotas consecutivas na xornada dúas e tres, as carballesas partían coa intención de voltear as sensacións mostradas, especialmente no último encontro en Tui e conseguir sumar de novo os puntos en xogo.
 
Tras un inicio errático onde os dous conxuntos mostrábanse especialmente espesos e onde as bergantiñás desperdiciaban varias oportunidades de establecer unha cómoda vantaxe ao primeiro de vez, o Seis Do Nadal tomaba vantaxe dun gol (4-5) no meridiano do primeiro acto e o técnico local víase obrigado a solicitar o seu primeiro tempo morto. Tras o cambio defensivo de 6:0 a 5:1, a engrenaxe do Goldie Xiria Carballo Turismo comezou a funcionar moito mellor e as recuperacións de balón foron a tónica dominante nos seguintes instantes. Os contraataques sucedíanse e en dez minutos a brecha a favor das de Carballo xa sería de seis goles (13-7). A distancia entre os dous conxuntos dispararíase e o equipo de Carballo manteríaa cando o primeiros trinta minutos tocaban ao seu fin (16-10).
 
O fondo do banco das locais permitiría que estas mantivesen un alto ritmo na continuación e que as distancias se fosen ampliando co paso dos minutos grazas ao traballo defensivo da 5:1 ao que nunca se puido impoñer o ataque do conxunto olívico. Co enorme traballo de todo o grupo, o Goldie Xiria Carballo Turismo volvía á senda da vitoria con boas sensacións e moito máis preto ao modelo de xogo que o equipo pretende asimilar e dominar canto antes.
 

Goldie Xiria. 32 (16+16). Nadia Campos (p), Sara Pose (p), Carla Santiago, Elba Pérez (1), Aida Vizcaino (2), Mina Ribullen (6), Tamara Pombo (4), Laura Barbeira (4), Saray Couto (1), Jessica Posse (1), Eva Calvelo (1), Alba Rodríguez (5), Elena Segade (3), Sheila Ferreiro (3), Raquel Gómez, Minia Calvo (1).

Seis Do Nadal – Coia: 18 (10+8). Paula Barrios, Iria Almuiña (8), Ivana Gómez, Sara Barreiro, Mar Herrero, Claudia González (2), Cristina Chavez, Zara Barrios (6), Lorena Castro, Sheila Mª Rodríguez (1), Nerea Cameselle, Eva Domínguez (1).

Parciais cada 5´: 2-1 / 3-1 / 4-5 / 7-7 / 13-7 / 16-10/ –Descanso- /18-10 / 21-12 / 23-12 / 27-14 / 29-17 / 32-17 –Final.

Colexiados: Andrés Tejo e Patric Espada. Non influiron no resultado final.

Incidencias: 4ª xornada da primeira autonómica feminina. Partido celebrado na tarde do sábado pasado no Vila De Noia, que presentaba una afluencia de público de un centenar de siareiros.