O Goldie Xiria Carballo Turismo supera as adversidades e asina un bravo partido

O Goldie Xiria Carballo turismo, superou todas as expectativas na súa viaxe a Carballal. ímpuxose as múltiples baixas que tiña por lesións e traballos e sacou un gran rédito á un cadro de persoal baixo de efectivos. Nun encontro onde o conxunto local, o BM. Carballal foi sempre por diante, as de Xiria non se deron nunca por vencidas e nun exercicio de fe e bravura, empataron o partido a falta de poucos segundos para o final do mesmo, gozando incluso dun sete metros con tempo a cero para sumar os dous puntos en xogo.

A diferenza que estableceron as olívicas no electrónico, chego a ser de cinco goles en varias ocasións, retirándose ao vestiario no tempo de descanso cun 14-11 favorable. As bergantiñás, cun plan moi definido e baseado nun 5:1 presionante e prol-activo, conseguiron provocar numerosos erros no ataque rival e interceptar un bo número de balóns, feito que lles outorgaba importantes parciais a favor para achegarse ao seu rival. Neste sentido, o parcial de 4-8 do últimos quince minutos e sobre todo o 0-3 do últimos cinco, foron os que fixeron posible a remontada e, ao cabo, que as de Xiria volvesen cun punto e evitasen desta forma que as olívicas lles adiantasen na clasificación. O poste das locais, evitou a vitoria final das mozas do Goldie Xiria Carballo Turismo cun lanzamento de penalti con tempo a cero, pero a satisfacción e a sensación dun traballo enorme ao longo dos sesenta minutos, primaría nos minutos posteriores á finalización do encontro.

AD Carballal BM: 25 (14+11). Laura González, Eva Fdez (1), Alba Rodríguez (4), Cintia Iglesias, Eva Alfonso, Andrea Pérez (1), Antía López (6), Uxía González (5), Laura Costas, Nerea Grobas (1), Paula Alonso (3), Xulia Pereira, Lara Fabián, Laura Carracedo (1), Alba Pérez (2), Uxía López (1).

Goldie Xiria Carballo Turismo: 25 (11+14). Sara Pose (p), Carla Santiago (2), Elba Pérez, Aida Vizcaino (1), Mina Ribullen (6), Laura Barbeira (6), Minia Calvo (2), Jessica Pose (3), Eva Calvelo (1), Saray Couto, Alba Rodríguez (3), Elena Segade (1).

Paciais cada 5´: 1-3/4-5/7-7/11-7/13-8/14-11-Descanso-16-13/17-16/21-17/22-20/25-22/25-25-Final.

Colexiado: Roberto Trigo e J. María García. Sen complicacións.

Incidencias: 13ª xornada da liga de 1ª autonómica en categoría senior. Encontro celebrado na tarde do sábado no pavillón Mpal de Carballal ante un centenar de seareiros.