O Goldie Xiria Carballo Turismo volve á senda da vitoria

A pesar de non facer un gran partido, o Goldie Xiria Carballo Turismo conseguíu volver sumar dous puntos importantes que fan posible que manteñan a sexta praza da clasificación a tiro.

Era un encontro vital para as de Xiria, que aínda non conseguiran a vitoria despois do parón do Nadal. A vitoria comenzouse a fraguar nun escenario onde as carballesas tiveron que sufrir, case sempre por diante no marcador, pero con diferenzas curtas e o que é máis importante, cunha irregularidade preocupante no xogo, acumulando demasiados erros e ofrecendo demasiadas alternativas ao seu rival. Así foi que, a pesar de mandar no electrónico, as diferenzas a favor das mozas do Goldie nunca foron superiores a tres goles e retiraríanse ao vestiario no tempo de descanso cunha vantaxe de dous goles que deixaba todo aberto na continuación (10-12).

Con ningún cambio efectivo en canto á intensidade e eficiencia mostrada, o gran susto tivo lugar no segundo acto, cando no minuto quince, as olívicas poñíanse por diante (19-18). Foi un momento de dúbidas, pero por sorte, o Goldie Xiria Carballo Turismo tardou escasos segundos en volver poñer as táboas no marcador. Foi a partir de entón e xa sen lugar a sorpresas, cando as de Xiria completaron os minutos máis regulares, atallando os ataques das locais e resolvendo con certa comodidade no ataque posicional, sobre todo con Jessica tomado responsabilidades no lanzamento de media distancia. Gracis a isto, o Goldie Xiria Carballo Turismo non pasaría apuros nos últimos instantes e selaría unha importante vitoria antes do derbi da próxima fin de semana.

Seis Do Nadal Coia: 20 (10+10). Paula, Yoli (3), Carla (3), Iria (7), Raquel, Lorena, Mar (2), Claudia, Zara (4), Eva (1), Cristina, Ivana.

 Goldie Xiria Carballo Turismo: 25 (12+13). Sara Pose (p), Nadia (p), Carla Santiago, Aida Vizcaino (1), Mina Ribullen, Laura (5), Minia Calvo, Jessica Posse (5), Natalia Solís (1), Alba Rodríguez (2), Elena Segade (4), Raquel Gómez (6), Eva Calvelo, Saray, Sheila (1).

Colexiados: José Angel Rodríguez e Inocencio Pérez. Non estiveron afortunados, pero non influiron no resultado final.

Parciais cada 5´: 2-1 / 3-4 / 4-6 /5-8 / 8-10 / 10-12 – Descanso – 12-14 / 16-18 / 19-19 / 19-22 / 19-25 / 20-25 – Final.

Incidencias: Encontro correspondente a 15ª xornada da 1ª autonómica feminina disputado no pavillón Municipal de Coia