O Goldie Xiria cede ante o BM. Carballal pero reforza a súa mellora competitiva

Algo está a cambiar para ben no balonmán feminino de Escolas Balonmán Xiria e o máis importante, está a facelo desde abaixo ata arriba.

No que respecta ao conxunto senior da entidade, o Goldie Xiria, hai unha evolución moi positiva en canto á mentalidade competitiva e a convicción para afrontar cada reto da mellor maneira. Trátase dunha senda evolutiva que comenzou fai xa un par de tempadas e que enraizou de tal maneira que cada ano o grupo dá mostras dun salto de calidade importante nos conceptos tec- tac e o que é máis importante, no referente a ese xene competitivo anteriormente apuntado.

No partido do sábado ante un equipo sobresainte como o BM. Carballal, o conxunto bergantiñán deu mostras de todo isto e é que despois dun primeiro tempo onde non saíu absolutamente nada, onde se perderon dezasete balóns sen mediar niso o rival e onde a diferenza se prevía insalvable pola entidade das olívicas, o Goldie Xiria demostrou ese enorme salto competitivo levando a cabo un segundos trinta minutos excelentes, minimizando en moitos instantes o tremendo potencial do equipo de Vigo e remontando esa cómoda diferenza ata colocarse a un só tanto de igualar a contenda.

O máis importante é que as carballesas o fixeron con balonmán e levando a cabo un plan trazado en vestiarios antes de afrontar a continuación. A crenza niso e a de cada unha das xogadoras en se mesmas e no colectivo foi evidente e por iso a sensación que deu o equipo é tremendamente positiva a pesar da derrota.

Os erros non forzados foron unha laxa insalvable neste encontro, tanto na primeira parte como nos instantes onde a remontada estaba a un só gol de diferenza, demasiadas facilidades ante un equipo co potencial como o do BM. Carballal e que as bergantiñás deberán de mellorar para afrontar os seguintes partidos dunha liga que en moitos deles prevese tremendamente igualada.

Goldie Xiria. 23 (9+14). Nadia Campos (p), Sara Pose (p), Carla Santiago (2), Elba Pérez (2), Aida Vizcaino (3), Mina Ribullen (5), Tamara Pombo, Laura Barbeira (3), Minia Calvo, Jessica Posse (3), Natalia Solís (2), Eva Calvelo, Alba Rodríguez, Elena Segade (3), Sheila Ferreiro, Raquel Gómez.

Granitos Ibéricos Carballal: 27 (15+12). Alba Rodríguez, Area Martínez (1), Laura González, Nerea Grobas, Andrea Pérez (1), Antía López (1), Uxía González (1), Laura Costas, Tamara Gil, Ainoa Da Rocha (4), Paula Alonso (10), Xulia Pereira, Carla Caride (2), Lara Fabián (5), Alba Pérez (2), Uxía López.

Colexiadas: Renzo Díaz e Pablo Barreiro. Non influiron no resultado final.

Incidencias: segunda xornada da primeira autonómica feminina. Partido celebrado na tarde do Sábado pasado no pavillón Vila De Noia que presentou un excelente ambiente nas bancadas con siareiros de ambos equipos.