O Goldie Xiria disputará este fin de semana en O Grove a Fase Final da Copa Federación.

O Goldie Xiria disputará este fin de semana en O Grove (30 e 31 de maio) a Fase Final da Copa Federación.

O sábado 30 celebraranse as dúas semifinais: Balonmán Porriño – SAR (18:00 horas) e Rasoeiro – Goldie Xiria (20:00 horas), mentres que o domingo terá lugar a loita pola terceira posición (10:30 horas) e a final (12:30).

Para as xogadoras do Goldie Xiria, a disputa desta Fase Final, supón un premio e o peche a tempada, pois loitarán cos tres mellores equipos da categoría. Xogará os encontros sen presión, sen a obriga de demostrar nada, e con moito que gañar ante os seus rivais.

A parte negativa ven dada polo parte de lesións, que aumentou na recta final da tempada, as baixas prolongadas de Manón Añón, Sara Pombo e Cristina Gende, uníronse nas derradeiras semanas Zeltia Landeira e María Gómez, xunto coa porteira Aida Cangas que non estará por estudos, segue en proceso de recuperación Marta Regueira, que poderá ser a novidade para este torneo logo de votar máis de tres meses sen competir.

Deste xeito, desprazaranse a O Grove para disputar a competición:

Porteira: Brenda Noya

Primeiras liñas: Jessica Posse, Tamara Pombo, Natalia Solís, Juana Garrochena

Segundas liñas: Adriana Gómez, Lucía Vilariño, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez, Angela Pena, Patrica García e Marta Regueira.