O Goldie Xiria e a SAR Ledisson acaban en táboas

Disputábase en Carballo a xornada da Copa Federación de 1ª primeira autonómica feminina. Os afeccionados que se achegaron a animar ao Goldie vibraron co excelente partido visto no Fogar.

O Goldie que se impuxo na primeira metade 14 a 11 viu como as de Redondela subiron o listón defensivo na continuación e no minuto 15; non só conseguiron remontar senón que levaron a diferenza ata os 4 goles de vantaxe. A partir de aí, a defensa do Xiria volvía ao 5:1 habitual e o forte ritmo imposto poñía á SAR contra as cordas, obrigando ao adestrador a pedir un tempo morto. O último minuto e coa tensión a flor de pel, ningún equipo conseguiu estar suficientemente acertado de fronte ao gol, o que levou ao empate a 26 final.

Goldie Xiria 26 – SAR Ledisson 26

Goldie Xiria: Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena (4), Mina Ribullén (10), Alba Rodríguez (2), Jessica Posse (4), Saray Couto, Sheila Ferreiro, Támara Pombo (2), Raquel Gómez (4), Eva Calvelo, Sandra Santos.

Sar Ledisson: Ines Martínez, Catalina Rodríguez (1), Lucía Groba (1), Nerea Bouzón (6), Noelia Taboas (2), Eva Paz, Carla Barciela, Laura López (2), Miriam Blanco (1), Laura González (2), Iria González, Laura Novelle (2), Lucía Pérez (4), Goretti Miguel (5).

Marcador cada 5 minutos: 2-3, 3-4, 4-6, 8-8, 10-11, 14-11, descanso, 17-13, 18-17, 18-22, 21-25, 25-26, 26-26.

Colexiados: Pablo Barreiro e Iván Hernández do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada da Copa Federación de Primeira División Autonómica Feminina disputado no pavillón Ceip Fogar ante uns 200 espectadores.