O Goldie Xiria finaliza a Liga vencendo ao Balonmán Cangas

Balonmán Cangas 17   Goldie Xiria 21 (8-4)

 Nunha magnífica segunda metade o Goldie remontou o encontro e fíxose coa vitoria diante do Balonmán Cangas.

Comezou o Xiria con unha moi boa defensa, sabedoras as xogadoras do perigo que entrañaban as altas pivotes rivais, anticipándose a xogadas e con contundencia nas saídas, no deixando ao seu rival elaborar o xogo. Pero faltáballe ritmo e definición ao equipo no ataque, o que facía que as do Morrazo dominasen esta primeira metade.

A volta do vestiario, o Goldie foi un furacán, seguía a impoñerse as súas rivais en defensa, e xogaba con moito criterio en ataque, desbordando a defensa local, que se vía impotente ante as investidas das xogadoras carballesas. Jessica Posse e Juana Garrochena como habitualmente levaban o peso do equipo, pero no momento que o contrario votou a dúas defensoras sobre elas, apareceron Raquel Gómez e Zeltía Landeira para rematar o encontro e impoñerse ao balonmán Cangas. Destacar o partidazo de todas as compoñentes, pero resalta a labor de Lucía Vilariño que volvía a portería ante as ausencias de Aida Cangas e Brenda Noya. Tamén estiveron ausentes Adriana Gómez, Marta Regueira, Cris Gende e Sara Pombo.

 Balonmán Cangas 17 (8): Lorena (porteira) Nerea 1, Yoli 1, Raquel, Noemi 4, Rebeca, Marta 4, Eva, Lucía, Arancha, Mateos, Andrea 7, María

Goldie Xiria 21 (4): Lucía Vilariño (porteira) Jessica Posse 5, María Gómez 2, Zeltia Landeira 5, Natalia Solis, Tamara Pombo, Patricia García, Juana Garrochena 5, Raquel Gómez 4, Angela Pena e Sheila Ferreiro.

Marcador cada 5 min .:   /1-0/  /3-0/  /5-1/  /7-2/ /8-3/  /8-4/  /8-6/   /10-8/ /10-11/   /12-13/   /14-17/  /17-21/

 Arbitraron: María Alvarez Vázquez e Victor Rivera, excluíron a Juana Garrochena (2) e Zeltia Landeira polo Xiria e a Andrea polo Cangas