O Goldie Xiria gaña ao Coreti Lalín e confírmase como candidato aos postos de cabeza.

O  Goldie mostrouse seguro na parcela defensiva, para anotarse os dous puntos na súa marcadora. O estado físico das xogadoras foi fundamental para aguantar o ritmo durante os 60 minutos.
A primeira parte comezaba con algunhas dúbidas para o  Goldie Xiria no 5:1. Pero unha vez axustada o labor do avanzado e os exteriores, sumada á colaboración coa portería; o marcador ía tomando forma ao seu favor e conseguían poñerse 12 a 9. As visitantes paraban o partido da man de  Budi e o  Goldie arrefriábase cun parcial en contra de 0-4; que lle deixaba ao descanso un gol por baixo.
Na continuación, e a través da defensa, clave en todos os partidos do  Goldie Xiria ata o momento, as xogadoras organizaban rápidos contragolpes que as situaba de novo por diante.
As do  Coreti Lalín, trataban de novo de axustarse, pero a defensa carballesa seguía empregándose a fondo e os escasos erros liquidábaos Nadia á perfección, para establecer a máxima diferenza de 6 goles.
O Lalín tentaríao ata o final, pero o  Goldie ben organizado no balance defensivo, facíase cunha vitoria de suma importancia para a clasificación.
A semana que vén poderemos ver ao  Goldie Xiria de novo en Carballo. Será o domingo pola mañá no Vila de Noia ás 12:15, contra  S.A. R.  Ledisson, de Redondela, equipo con ampla bagaxe no balonmán feminino, en todas as súas categorías.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante uns centocincuenta de seareiros que estiveron moi animados. Colexiado: José Ángel Rodríguez Fernández, do colexio galego. Excluíu a Tamara Pombo e Elena Segade por parte do Goldie Xiria; namentres polas visitantes foi excluída Zaida González. 7 metros: Goldie Xiria 0/0 // Coreti Lalín 3/6.

GOLDIE XIRIA 26 ( 12 + 14 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Natalia Solís, Eva Calvelo, Mina Ribullén, Tamara Pombo, Aida Vizcaíno, Jessica Posse, Saray Couto, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez.

CORTETI LALÍN 22 ( 13 + 9 ): Carla Cacheda, Uxía Pérez, Zaída González, Manuela Pereira, Sara Gómez, Tania García, Celia Pedreira, Julia Cortizo, Tamara Seijas, Laura Suárez, Noelia Martínez, Laura Arguiñariz, Natalia González, Antia Abuín, María González, Xandra Quiroga.