O Goldie Xiria gaña en Ferrol e continua na súa loita na Copa Federación

Balonmán Ferrolterra 19   Goldie Xiria 20 (8-13)

Non o tiña doado o Xiria esta fin de semana, viaxa a Ferrol con numerosas ausencias, e facíao obrigado a gañar para poder seguir na competición. Pero novamente as xogadoras volveron a demostrar a súa melloría e o saber estar nun partido intenso e emocionante ata o final.

Saíu o Goldie cunha defensa adiantada sobre a primeira liña do Ferrolterra, con Raquel cun espléndido traballo de desgaste sobre as contrarias, o Xiria era capaz de frear os ataques e saír con velocidade, o que lle dou as primeiras vantaxes no marcador.

Parecía ter controlado o encontro o Xiria, pero a falta de relevo na defensa e a complicidade arbitral fixeron que o Ferrolterra chegase na recta final do encontro a loitar polo triunfo. Ahí xurdiu o bo facer destas xogadoras, que souberon asentarse e controlar os minutos finais ata esa importante vitoria de 19 a 20, que lle facilita a clasificación para seguir loitando nesta Copa Federación.

Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 4 , Natalia Solís, Tamara Pombo 3, Adriana Gómez 4, Patricia García, Jessica Posse 5, Sheila Ferreiro, Ángela Pena e Raquel Gómez 4.

Balonmán Ferrolterrra: Carmen e Jennifer (porteiras), Adriana 1, Mercedes 2, Marta, Nerea 6, Andrea 3, Carla, Norma 1, Jessica, Iria 2 e Noelia 4

Marcador cada 5 min: /0-2/ /2-3/ /4-6/ /5-9/ /7-10/ /8-13/ /9-15//10-15/ /13-15/ /15-17/ /17-19/ /19-20/

Arbitraron: José Pérez e Vitor Frade, excluiron a Juana Garrochena (2), Tamara Pombo e a Natalia Solis polo Goldie Xiria e a Noelia e a Adriana polo Ferrolterra.