O Goldie Xiria mantense na pelexa despois dunha intensa dobre xornada.

O venres no pavillón Ceip Fogar, en Carballo, as xogadoras do Goldie Xiria dominaron un encontro ao que a SAR Ledisson, acudía con algunha baixa, abrigo en primeira liña.

Logo duns primeiros minutos nos que a ambos os equipos custoulles ver portería, o Goldie Xiria afinou puntería e comezou a aumentar a súa vantaxe no marcador grazas a unha gran eficacia en ataque. A superioridade das carballesas era tal que o adestrador visitante viuse obrigado a solicitar un tempo morto aos dez minutos de partido, momento no que o marcador reflectía un 6-1. Tras este pequeno inciso, as redondelanas non foron quen de reaccionar, mentres que as locais seguirían ao seu, con Elena sendo un auténtico puñal no contraataque, polo que se chegaría ao descanso cun 15-2 que deixaba o encontro practicamente sentenciado a favor do Goldie Xiria. A segunda metade foi un puro trámite na que o SAR mellorou a súa imaxe, mentres que un Goldie Xiria que deu minutos a todas as súas xogadoras, soubo manexar a vantaxe conseguida nos trinta minutos para finalizar o encontro cun claro 25-11.

Incidencias: Partido correspondente á duodécima xornada da Primeira Autonómica Feminina disputado no Pavillón do CEIP Fogar (Carballo) ante uns 100 espectadores.

Árbitros: José Henrique Folgoso Capelo e Pablo Manuel Barreiro Suárez do colexio galego.

Goldie Xiria 25 (15+10): Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena (1), Alba Rodríguez (2), Tamara Pombo (1), Jessica Posse (3), Natalia Solís, Elena Segade (8), Sheila Ferreiro (3), Raquel Gómez (2), Sorata Martínez, Aida Vizcaíno, Eva Calvelo y Mina Ribullén (5).

SAR Ledisson 11(2+9): Eva Paz (p), Inés Gallego (p), Begoña Fuenteseca, Lucía Groba, Laura Novelle (1), Ana Rodríguez (1), Catalina Rodríguez, Carla Barciela, Laura López (3), Claudia Kaulbacu (1), Miriam Blanco, Catarina Adao (3) y Lucía Pérez (2).

Xa o sábado, o Goldie Xiria tocaríalle viaxar ata Ourense, para enfrontarse ao Nova Xestión Pabellón. Dous equipos moi parellos en forzas como así o reflicte a clasificación.

O partido empezaba con dominio defensivo por parte dos dous equipos. Con defensas 6:0 e onde as locais estiveron un pouco mellor no lanzamento (4-1).

Sufriu en ataque o Goldie Xiria toda a primeira parte na que unicamente puido anotar 6 goles. Boa parte de culpa tívoa a porteira ourensá, Andrea Fernández, sobresainte durante os 60 minutos. Antes do descanso aferrouse o Goldie Xiria a súa defensa para manterse con opcións no partido; e é que por algo son o equipo menos goleado da liga. Por tanto os primeiros 30 minutos, o marcador reflectía 9 a 6 favorable ás locais.

Na continuación, o Goldie impoñería unha marcha máis ao partido. Ben defensivamente, os contraataques sumábanse un tras outro; ata conseguir empatar. Aínda que non se sentían cómodas na finalización errando demasiados lanzamentos desde 6 metros; onde soamente Raquel Gómez conseguía ter boas porcentaxe.

Mediada a segunda metade; empezaba a sufrir en defensa as arremetidas de Sandra Sánchez, que dominaba o xogo de ataque do Nova Xestión Pabellón, tanto na faceta goleadora, como de asistente. O resutado final de 23 a 22 deixa un mal sabor de boca ás de Carballo, que seguirán pelexando por seguir nos postos altos; xa que marchan quintas clasificadas, e aínda teñen que recibir no seu feudo ás primeiras clasificadas; polo que a a afección será un punto fundamental no devir da segunda volta.

Incidencias: Partido correspondente á décimo cuarta xornada da Primeira Autonómica Feminina disputado no pavillón Os Remedios (Ourense) ante uns 100 espectadores.

Árbitros: José Pérez y Julio López do colexio galego.

Nova Xestión Pabellón (9+14): Andrea Fernández (p), Ana Pérez (2), Andrea López (5), Angela Oliveira (2), Awezeo Micheline, Bárbara Iglesias, Elena Valcarcel, Elisa Álvarez, Laura Vila, María Gómez, María Pérez, María Rodríguez, Michele Morales, Miriam Lamas, Rebeca Jorge, Ruth Sánchez (5), Sandra Sánchez (8), Sofía Vázquez.

Goldie Xiria 22 (6+16): Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena (4), Alba Rodríguez (1), Tamara Pombo, Jessica Posse (2), Natalia Solís, Elena Segade (2), Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez (7), Sorata Martínez, Aida Vizcaíno (3), Eva Calvelo y Mina Ribullén (2).