O Goldie Xiria perde pola mínima nun igualado choque diante do Balonmán Cangas

Goldie Xiria 23 Balonmán Cangas 24 (11-14)

Foi de menos a máis o equipo carballés nun duelo igualado onde se xogaban o primeiro posto do Grupo diante do Balonmán Cangas.

No inicio de encontro, o Cangas sorprendeu co xogo cos pivotes, conseguindo goles fáciles e lanzamentos de 7 metros, a vez, o Xiria non daba encontrado con facilidade a portería rival ante o 6:0 con superioridade en altura do equipo visitante. 6 goles tiveron de vantaxe as canguesas nesta primeira parte, ata que o Goldie reestruturou a defensa e imprimiu maior ritmo ao ataque, pechándose este primeiro tempo con 11 a 14.

Os mellores minutos do equipo víronse, coa reincorporada Lucía Vilariño nas filas do Goldie, en posición de avanzada e con resposta no lanzamento de Jessica e Juana no ataque, e permitiron igualar o encontro a 19 goles a falla de 10 minutos para o final. Con todo por decidir, cambiou o criterio arbitral, prexudicando en exceso as carballesas que habían subido o nivel defensivo, o que provocou que o equipo xogase en inferioridade a maior parte final do encontro, pese a elo, o Goldie tivo nas más de Tamara o derradeiro lanzamento para empatar o encontro, que foi detido pola porteira canguesa Lorena.

Con esta derrota o Goldie cede a primeira posición ao seu rival, pero terá unha nova oportunidade cando visite as terras do Morrazo.

 

Goldie Xiria 23 (11): Brenda Noya  e Aida Cangas (porteiras) Jessica Posse 6, María Gómez 1, Adriana Gómez 5, Angela Pena, Zeltia Landeira 3, Natalia Solis, Patricia García, Juana Garrochena 6, Lucía Vilariño 2, Tamara Pombo, Sheila Ferreiro  e Cris Gende.

 

Balonmán Cangas 24 (14): Lorena (porteira) Nerea 2, Yoli 1, Raquel, Noemi 8, Rebeca 2, Marta 5, Eva, Lucía, Arancha, Mateos 3, Andrea 3, María

 

Arbitraron: José Pérez e Víctor Freire, excluíron a Lucía Vilariño (3) Zeltia Piquín e María Gómez polo Xiria e a Raquel polo Cangas