O Goldie Xiria remata a liga nunha meritoria quinta praza

O Goldie Xiria disputaba este domingo no pavillón vila de Noia o derradeiro partido da liga regular contra o Bm Guardés. Neste partido as carballesas xogábanse rematar dita liga na quinta posición, o que sería a guinda a un bo campeonato.

Co este obxetivo en mente as carballesas sairon moi intensas ao partido. Unha defensa 5-1 moi activa facía que as xogadoras do Guardés tiveran que xogar lonxe e que non puideran ter unha continuidade de pases. Con todo, o xogo coa pivote e os lanzamentos de 9 metros estaban a facer dano ao Goldie. No ataque, o Goldie comezou sen ritmo, non atopaba maneira de superar a forte defensa 6-0 visitante, sen embargo co paso dos minutos e mediante os procedementos de ataque o Goldie foi capaz de mover a defensa e atopar boas posicións de lanzamento. Con todo, a defensa cada vez foi axustándose máis e esto propiciou que se puideran correr contraataques nos que o Goldie puido sacar ventaxa, chegando así ao descanso con 13-8.

A volta dos vestiarios, a distancia no marcador foise recurtando pouco a pouco, pois o Guardés estaba conseguindo lanzar de 9 metros sen moita oposición, e moita efectividade. Sen embargo, pronto se correxiron os erros na defensa e, con unha mellora na defensa 5-1, coa avanzado tapando as traxectorias ao centro, o equipo voltou a cobrar as rentas. No ataque, unha boa movilidade fixo quese puidera dar resposta as diferentes defensas do Guardés e que, coa continuidade de balón se conseguirán finalizar varias accións nas xogadoras extremos. De este xeito o Goldie puido xestionar a diferenza ata rematar o partido con 22-19. Este resultado deixa ao Goldie Xiria nunha meritoria e traballada quinta praza.

A maiores, queremos mandarlle un abrazo e ánimo a nosa xogadora Aida Vizcaino que se fixo dano no seu xeonllo, nos primeiros minutos do partido. Esperamos que sexa o menos posible e que estés canto antes coas tuas compañeiras.

GOLDIE XIRIA 22 (13+9)Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena (3), Aida Vizcaíno (1), Mina Ribullén (4), Alba Rodríguez (2), Jessica Posse (4), Saray Couto, Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez (6), Elena Segade, Eva Calvelo, Tamara Pombo (1)

MECALIA ATL GUARDÉS 19 ( 8 + 11 ): Eva Fernández , Cristina Barbosa (6), Claudia Martínez (1) , Laura Alonso, Irea Piñeiro (3), Yamila Michelle , María Doiro (1), Beatríz Estévez (8), Nerea Pereira, Sara Braga.