O Goldie Xiria remata a tempada cun bo papel na Fase Final da Copa.

A pesar de perder en semifinais ante o Rasoeiro, e na loita polo terceiro posto ante o Balonmán Porriño, o Goldie dou a cara fronte aos mellores equipos do balonmán galego.

Pesou moito que fose para as xogadoras do Goldie a primeira vez que disputaban un torneo de tipo concentración, pesaron as numerosas baixas, e sobre todo, a categoría e calidade dos seus rivais. Pero a experiencia acadada e o premio que supón xogar unha Fase Final, recargan as pilas coa mira posta na vindeira tempada, onde se volverá a dar un salto de calidade si se segue a traballar coas mesmas gañas e ilusión.

SEMIFINAIS

Bm. Rasoeiro 31 – Goldie Xiria 24 (18-10)              

Comezaba o Goldie Xiria o sábado a Fase medíndose ao anfitrión, o Rasoeiro de O Grove, que finalmente sería o campión de Copa ao vencer a SAR de Redondela na final.

Da igualdade dos primeiros 15 minutos, onde o Xiria se atopou cómodo en ataque e era capaz de parar o xogo do seu rival, pasouse a ceder terreo no marcador por varias perdas de balón que as de O Grove aproveitaron a contra e situaban o marcador con moitas diferencias ao descanso. A pesar diso, o Goldie volteou do vestiario moi metido no encontro e foi reducindo distancias, aínda que non as suficientes, cedendo na recta do final con ese 31 a 24.

Bm. Rasoeiro 31 (18) Uxía e Noelia (porteiras), Carla 10, Andrea 1, María 1, Patricia 1, Alicia 1, Ariana 3, Lorena 10 e Lara.

Goldie Xiria 24 (10): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 1, Jessica Posse 10, Juana Garrochena 3, Adriana Gómez 1, Patricia García, Marta Regueira 1, Angela Pena, Natalia Solís 3, Sheila Ferreiro, Lucía Vilariño 5 e Raquel Gómez.

Marcador cada 5 min:   /2-2/ /5-3/ /8-6/ /11-6/ /14-8/ /18-10/   /19-11/ /21-13/ /24-15/ /26-17/ /28-21/ /31-24/

Arbitraron: Julio Villanueva e Sergio Vázquez

3º e 4º POSTO

Bm. Porriño 28 – Goldie Xiria 13 (16-8)              

Tras a derrota do sábado, o domingo o Goldie iba a loitar polo terceiro posto, co Balonmán Porriño, perdedor do seu enfrontamento coa Sar de Redondela.

O Porriño amosouse moi superior, e a base de velocidade no contraataque e co grandísimo partido que fixo a súa porteira, conseguiu unha vitoria cómoda, ante un Xiria que non entrou no encontro en ningún momento, moitos fallos diante da porteira rival e cunha defensa moi desarborada que permitía os goles fáciles ao seu rival.

Bm. Porriño 28 (16) Sheila e Marta (porteiras), Carmen 2, Mara 8, Ana 2, Andrea 4, Monica 9, López 3, Carla, Laura e González

Goldie Xiria 13 (8): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo, Jessica Posse 4, Juana Garrochena 1, Adriana Gómez 2, Patricia García, Marta Regueira 1, Angela Pena, Natalia Solís 1, Sheila Ferreiro, Lucía Vilariño 3 e Raquel Gómez 1.

Marcador cada 5 min:   /3-2/ /5-3/ /8-4/ /11-5/ /15-6/ /16-8/   /17-9/ /19-11/ /21-12/ /25-12/ /27-12/ /28-13/

Arbitraron: Silvia Vázquez e Alberto Calvar