Goldie Xiria 21 Balonmán Lavadores 11 (9-5)
Goldie Xiria 21 (9): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 3 , Tamara Pombo 1, Jessica Posse 3, Sara Pombo 1, María Gómez 4, Cristina Gende 2, Raquel Gómez , Adriana Gómez, Patricia García, Marta Regueira 5, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis, Ángela Pena e Sheila Ferreiro 1.
Balonmán Lavadores 11 (5): Villalba (porteira), Sheila, Jenni, Nerea 1, Lucía, Andrea 2, Ferrer 4, Clara, Alba 3, Comesaña, Cortés, Mónica e Eva 1-
Marcador cada 5 min .: /2-1/ /2-2/ /4-2/ /6-3/ /7-4/ /9-5/ /10-6/ /12-7/ /12-8/ /15-9/ /18-10/ /21-11/
Arbitraron: Ricardo Gómez e Pablo Barreiro excluíron a Sheila e Ferrer (2) polo Lavadores .
100 espectadores no Pavillón Vila de Noia.
O Goldie Xiria fíxose coa vitoria ante un Balonmán Lavadores que amosou en Carballo moitas dificultades de cara a portería contraria. Tampouco tivo o seu día en ataque o Goldie, de aí os poucos goles do encontro.
Comezou o Goldie con moitas imprecisións no ataque, o que mantiña ao seu rival no partido, a defensa adiantada do Lavadores non permitía a fluidez na circulación do balón, e desperdiciaban as ocasións para coller distancia no marcador. Mediada a primeira metade, e a base de combinacións co pivote e a circulación dos extremos o Xiria conseguía superar a defensa rival e cobrar distancia no marcador, 9 a 5 ao descanso.
Nunha segunda metade con máis continuidade de balón e con maior intensidade defensiva, decantábase a vitoria local por un claro 21 a 11.
A vindeira semana o Goldie Xiria volverá a xogar en Carballo, recibindo a ao Balonmán Porriño en partido correspondente a 8ª xornada e que fora aprazado no seu día.