O Grupo Lemaco A acada a segunda posición ao perder na Final ante Culleredo

A canteira das Escolas Balonmán Xiria volveu dar mostras de atoparse entre as mellores de Galicia, o seu equipo Cadete Grupo Lemaco A demostrou o seu nivel balonmanístico e a súa competitividade clasificándose para a final desta fase e cedendo nun partido igualado e moi rifado ante o Balonmán Culleredo

SEMIFINAL: Oar Ciudad 27 – Grupo Lemaco Xiria A 28 – (12-14)

Comezaba o sábado o Grupo Lemaco medíndose na semifinal ante o anfitrión, o Oar Ciudad. Na outra semifinal o Culleredo gañaba ao Carballal vigués por 46 a 41
Os nervios na mañá do sábado foron os protagonistas no 40×20 coruñés, ambos equipos xogaban presionados co obxectivo de clasificarse para esa ansiada final, o Oar ante a falta de lanzamento exterior do Xiria pechouse nun 6:0 defensivo, ofrecendo moi poucas posibilidades de penetración, todo o contrario que o Xiria que cunha defensa 3:3 presionante intentaba que o rival xogase rápido e caese na precipitación, algo que evitou o Oar cun ritmo pausado no seu ataque.
Diferenzas mínimas para os de Carballo que puideron romper o partido no inicio da segunda metade índose de 5 goles, pero que o bo facer dos coruñeses permitiulles meterse novamente no partido na recta final, aí os erros encadeáronse por ambos bandos, poido sentenciar o Xiria nun 7 metros pero o partido acababa con táboas a 25 tendo que irse a prologa.
Na prologa, de dous tempos de 5 minutos, o Xiria soubo xogar con máis temperamento e sen precipitación acadando o pase a ansiada final

Oar Ciudad 27 (12): Daniel Garea, Diego Louzao 1, Besay Almeida, Ivan Alfonso, Joel Rábade 3, Martín Rodríguez, Ignacio Seijo, Adrián Pérez 6, Marcelo Gil 3, Alejandro Vasallo 2, Derek Capelo, Cristovo Castro 2 e Efren Viaño 10.

Grupo Lemaco Xiria A 28 (14): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 1, Erik Vázquez 8, Angel Viña 2, Samuel Regueira, Alberto Rodríguez 2, Nicolás García 1, Manuel Rey 2, Pablo Veiga 9, Xurxo Fraga 1 e Marcos Amarelle 2

Arbitraron: Pablo Barreiro e Pablo Torreiro

FINAL: Balonmán Culleredo 33 – Grupo Lemaco Xiria A 30 – (15-14)

Na Gran Final do domingo que daba unha praza para a Final Four dos catro mellores conxuntos de Galicia, o Culleredo partía como gran favorito por traxectoria destes derradeiros anos, por físico e envergadura e tamén pola baixa de Angel Viña no Xiria , principal referente no lanzamento a distancia no seu equipo. Pese a eses factores os xogadores do grupo Lemaco fixeron o seu mellor partido da tempada e puxeron en dificultades a vitoria do seu rival.
O Balonmán Culleredo con ataque rápidos viu como a defensa aberta do Xiria era capaz de impedir o seu xogo directo a portería, conseguindo recuperar o balón e provocando lanzamentos precipitados, pero unha defensa destas características ademais de arriscada, pois deixa moitos ocos, ten que ter moita “gasolina” nas pernas para os 60 minutos, a pesares de lo estivo no partido ata o final poñendo ímpetu e sobre todo corazón no partido.
No ataque o Xiria tiña ante si, si non a que máis, unha das defensas de maior físico e envergadura da categoría, polo que tiña que entrelazar xogadas longas e con paciencia romper o muro do rival, algo que foi conseguindo con combinacións entre liñas e con moita paciencia no ataque, sen arriscar o balón en excesivo e suplindo ese lanzamento exterior con imaxinación e bo balonmán. Máis das veces os carballeses xogaron ao borde do pasivo, con ataque excesivamente longos, o que poñía dos nervios aos seus rivais que agardaban sabedores das poucas posibilidades de lanzamento exterior.
Foron transcorrendo os minutos e os Xiria non perdía distancia no marcador, vendo como a posibilidade de vitoria estaba presente, arriscou cunha maior presión en defensa, pero as forzas eran xustas e o desgaste notorio en algúns xogadores que o día anterior tiveran un partido excesivamente intenso contra o Oar, ao final o Culleredo moito máis enteiro fisicamente fíxose co partido e coa praza en xogo.

Balonmán Culleredo 33 (15): Ivan Manzo, Javier Ansede (porteiros) Nuno Loxo 14, Senén Garea 4, Samuel Seijas 5, Pablo Fariña 1, Marcos Regueiro, Iago Bencansa 2, Alvaro Diéguez, Teo Calvo, Nicolás Vázquez, Juan Pazos, Diego del Rio 4, Xoel Insua, Shaiel Costa 3 e Lucas Sánchez

Grupo Lemaco Xiria A 30 (14): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 3, Erik Vázquez 4, Angel Viña 3, Samuel Regueira 1, Alberto Rodríguez 1, Nicolás García 1, Manuel Rey 2, Pablo Veiga 8, Xurxo Fraga 6, Marcos Amarelle 1, Miguel Cambón e Hugo García.

Arbitraron: Pablo Barreiro e Pablo Torreiro