O Grupo Lemaco A amósase moi superior ao Lavadores

Grupo Lemaco Xiria 41 – U.D.Lavadores 20 (19-10)

Na Liga Ouro o Grupo Lemaco A resolveu facilmente o seu compromiso e a falta de 4 xornadas da un pasiño máis para clasificarse para o Play-off. Visitaba Carballo o Lavadores, un equipo de envergadura e incómodo, pero soubo ler perfectamente o partido o conxunto do Xiria, xogou con moita calma e sobre todo intención e cabeza no ataque, e levou o ataque do equipo vigués a onde quería, precipitalo e facer que arriscasen o balón, froito de elo, dominou o encontro ao longo dos 60 minutos.
O Grupo Lemaco soubo resolver a defensa mixta sobre os laterais carballeses e marcaba con certa facilidade ao aproveitar os espazos na liña de 6 metros, o marcador favorable permitía xogar con moita calma e facerse coa ampla vitoria.
A vindeira semana o equipo viaxará a Rodeiro na que será a 7ª xornada.

Grupo Lemaco Xiria A 41 (19): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 2, Erik Vázquez 9, Angel Viña 6, Alberto Rodríguez, Nicolás García 4, Xurxo Fraga 4, Samuel Regueira 3, Pablo Veiga 8, Marcos Amarelle , Manu Rey 1

U.D.Lavadores 20 (10): Lucas García, Diego González , Xaime Sabín 2, Brais Martínez 3, Diego González 3, Pablo Comesaña 2, Carlos Figueroa 4, Juan Aranda, Hugo Losada 3, Alexandre Castelao, Diego Fandiño, Daniel Comesaña , Jacobo Crespo, Mario Martínez 3 e Oscar Elertondo

Arbitraron: Renzo Díaz e Manuel Pazos