A ausencia de Noa Carracedo e Irene Suárez, sumada a chegada para o partido de Elena e Sara facía encarar ás locais o encontro con dudas. Pouco colaborou a defensa nos primeiros compases do partido para manter á raia as tentativas do Culleredo, que transformaban con facilidade para forzar un tempo morto co (3-6) inicial. As de Carballo, moito máis centradas, recuperaron o partido poñéndose a un tanto con rapidez, pero a ledicia non tivo moito recorrido xa que o ataque de Grupo Lemaco volveu a trabucarse na defensa vermella, acadando unha vantaxe de ata seis tantos na primeira metade, malia que un esforzo final deixaba un marcado de (10-14) na chegada a un intermedio con moi malas sensacións.
Na volta á pista o Culleredo non baixou a súa intensidade en ningún momento e volveu aumentar a distancia mentres que as locais seguían sen atopar a liña de seis metros. De pouco serviron os trocos nun equipo que parecía non saírlle nada. Os folgos decaeron ata acadar o final dun partido de Copa para olvidar (22-31).
Agora as cadetes agardan o final de tempada o domingo 02/06 en Novo Mesoiro ante o BM Brigantium, xusto despois de finalizar os adestramentos do venres.