O Grupo Lemaco “A” cae derrotado ante o Cisne

O Grupo Lemaco “A” cae derrotado ante o Cisne
17ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Balonmán Cisne 38 – Grupo Lemaco Xiria A 29 (17-12)

O mal inicio de encontro, cun Grupo Lemaco castigado pola arbitraxe, tres exclusións seguidas nos primeiros 8 minutos a Marcos Varela que se tiña que ir do encontro con tarxeta vermella, lastraron ao equipo que non soubo repoñerse e xogou a desesperada en moitos tramos do encontro, demasiadas precipitacións e moitos erros no lanzamento. >Tampouco a defensa funcionou, a intensidade dos primeiros minutos viuse truncada polas exclusións sufridas e o Xiria non era capaz de pechar a súa defensa.
A falta dunha única xornada na clasificación o Xiria cede o segundo posto a precisamente o Cisne, que empata a puntos pero ten a favor o golaveraxe, a derradeira xornada visitará Carballo o Bueu Atlético.

Balonmán Cisne 38 (17):
Mateo Monteagudo, Antón Rodríguez, Matias Gestido 3, Manuel Hernández 10, Adrián Veiga 1, Javier Costa, Adrián Lago 5, Alejandro Arias, Antonio Rey 3, Roman Latas, Pablo Pazos 5, Xoel Lago 9, Roque Díaz 2

Grupo Lemaco Xiria A 29 (12):
Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 4, Marcos Suárez 9, Henrique Traba 14, Nico Cancela, Marcos Varela, Brais Suárez, Simón Viña, Alvaro García, Maxi, Aday, Dani Periscal 2

Arbitrou César Díaz