O Grupo Lemaco “A” gaña en Porriño

9ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Balonmán Porriño 28 – Grupo Lemaco Xiria A 40 (13-20)
O equipo carballés viaxou a Porriño con varias baixas polo que tivo que tirar dos xogadores do equipo de primeiro ano cadete para afrontar o choque.
Moito xogo de desdobramento do equipo local que creou varios desaxustes na defensa do Xiria, co paso das accións foron corrixindo e atopando balóns para correr a contra e ir distanciando ao seu rival no marcador, no ataque o Grupo Lemaco resolvía conseguindo gol con facilidade.
A segunda metade transcorreu do mesmo xeito, o Porriño cun xogo espeso e lento buscando sempre aos seus pivotes para que se revolvesen cos defensores contrarios e o Xiria aproveitando para imprimir velocidade nos ataques.
Dous puntos máis para seguir medrando na clasificación, a vindeira semana visitará Carballo o Balonmán Atlántico

Balonmán Porriño 28 (13): Pablo Alvarez 9, Uriel Domínguez, Josue Rodríguez, David Rodríguez 2, Pablo Rodríguez, Antón Lassen, Xulio Fernández 7, Unai Soto 2, Nicolás Giraldez 5 e Yago Raimundez 3.

Grupo Lemaco Xiria A 29 (15): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 8, Marcos Amarelle 3, Manu Rey 3, Hugo García 6, Manu Pérez 2, Pablo Veiga 4, Pablo Suárez 1, Diego Mourelle 1, Marcos Suárez 5, Henrique Traba 2, Chema Negreira e Dani Periscal 5.
Arbitrou: Inocencio Arias