O Grupo Lemaco A gaña o seu Play-Off e clasifícase para disputar a División de Honra

Esta fin de semana disputouse en Carballo un dos Play-Off de ascenso coa participación do equipo local Grupo Lemaco Xiria A o Balonmán Chapela de Redondela e o Atlético Novás de O Rosal, en xogo estaba a participación da Liga de División de Honra Cadete Masculina. O Xiria foi quen de vencer aos dous rivais e facerse coa primeira praza.

Grupo Lemaco Xiria A 31 – Balonmán Chapela 19 (12-8)

Arrincaba na tarde do venres o primeiro partido entre o Grupo Lemaco e o Chapela, os nervios dos primeiros minutos convertéronse en precipitación e pouco acerto de cara a gol, co transcorrer do encontro o Xiria ía asentando a defensa o que propiciaba a saída con velocidade nas contras, marcaba diferenza no marcador e os xogadores empezaban a sacudirse os nervios. Tan so a maior altura de algúns compoñentes dos contrarios poñía en apuros a defensa do Xiria que no ataque empezaba a conseguir gol sen dificultade. Ampla diferencia no resultado final, 31 a 19

Grupo Lemaco Xiria A 31 (12): Antón Pardiñas (porteiro), Erik Vázquez 5, Xurxo Fraga 2, Marcos Amarelle 2, Manu Rey, Hugo García 2, Angel Villar 2, Miguel Cambón 1, Manu Pérez 2, Pablo Veiga 6, Dani Bello 7, Pablo Suárez 2 e Chema Negreira.

Balonmán Chapela 19 (8): David López, Hugo Correa 4, Lois Alonso, Anxo Barca, Nicolás Díez 1, Angel Pérez 6, David Comesaña, Pedro Rodríguez, Xoel Fernández 2, Rubén Serantes 1, Asier Vázquez 5 e Pedro Salgado

Arbitraron: Henrique Folgoso e Ivan Hernández

Grupo Lemaco Xiria A 40 – Atlético Novás 18 (23-7)

O domingo medíanse o Grupo Lemaco e o Atlético Novás, que o sábado gañara ao Chapela por 30 a 33, polo que decidíase quen disputaría a División de Honra.
Dende o primeiro minuto o Xiria amosouse moi superior, implacable en defensa e letal na contra, facéndose cada vez máis forte e dominador do partido, o seu rival viuse superado e incapaz de frear o xogo despregado polos locais. Non baixou de intensidade ata o descanso cando o marcador reflexaba un claro 23 a 7 goles.
Na segunda metade os carballleses baixaron o ritmo pero seguiron agrandando as diferencias no marcador ante un Novás que o intentaba pero vía como o Xiria era moi superior.
Coa clasificación para a División de Honra o Grupo Lemaco medirase nunha liga a dobre volta cos mellores 12 equipos galegos por alcanzar o Campionato de España.

Grupo Lemaco Xiria A 31 (12): Antón Pardiñas (porteiro), Erik Vázquez 4, Xurxo Fraga 5, Marcos Amarelle 4, Manu Rey 2, Hugo García 3, Angel Villar 1, Miguel Cambón 2, Manu Pérez 7, Pablo Veiga 5, Dani Bello 4, Pablo Suárez 3 e Chema Negreira.

Atlético Novás 18 (7): Marco Martínez, Alonso Martínez, Martín Domínguez 1, Hugo González 2, Daniel Alonso 1, Lucas Sobrino, Mateo Pousa 2, Yoel Fernández, Hugo Brandón, Mario Castro, Antón Piñeiro, Mario Bento 4, Alex Cobos, Iago Vicente, Jacobo Rodríguez 3 e Brais Martínez 5

Arbitraron: Iria Rivera e Marta González