O Grupo Lemaco A mantén o liderato logrando todos os puntos ata a fecha

As rapazas cadetes do Xiria afrontaban un novo partido na casa ante un BM Brigantium Nunegal que ven facendo unha boa tempada a pesar de caer con contundencia na ida ante as de Carballo. 

No primeiro minuto de partido a mala sorte caía no bando coruñés cando a central do equipo sufiu lesión nun choque fortuíto, deixando mermadas as filas herculinas. O Xiria pola contra saíu forte a pista, dándolle velocidade o balón e atopando espacios mediante xogo pactado, acadando así un cedo parcial de (8-1). O tempo morto das visitantes no minuto 8 diu un golpe de efecto ó partido, coincidindo coa relaxación das xogadoras do Xiria, que comezaban a perder a posesión de balón de forma reiterada por mor da falta de concentración: pases errados, malas recepcións, lanzamentos fallados, dobles, pasos… As malas accións sucederon sen pausa malia os trocos de xogadoras ata o remate da primeira parte deixando un mal sabor de boca e un marcador (14-7).

O Grupo Lemaco tivo que activarse de novo durante o descanso para seguir mellorando e aprender a superar as adversidades psicolóxicas da competición. Dende o comezo quedou patente a disposición das rapazas a seguir traballando, cortando de raíz as perdas e as dudas. O electrónico disparouse velozmente a prol das locais, axudadas por unha defensa e portería que tiñan moito que dicir. Non foi ata os derradeiros minutos cando por fin o Brigantium alcanzou a meta de Lucía para deixar o resultado en (38-14). 

Tras unha primeira parte para esquecer, o Grupo Lemaco recuperou os mandos do partido e mostrou os frutos do adestramento, pero deberá aprender a ser estable para as vindeiras citas de gran importancia. Agora o Xiria segue na primeira praza do Grupo B a falta de tres xornadas para o remate da fase ligueira e con un partido capital ante o CP Lucense o vindeiro sábado ás 12:30 na Casa do Deporte.