O Grupo Lemaco A mantén o pulso a pesar da derrota(28-25)

O Grupo Lemaco A caeu na difícil pista de Meaño ante un equipo que se mostrou máis eficaz nos minutos finais. O encontro foi igualado durante a primeira metade, sempre con distancias cortas no electrónico, con moito acerto das do Salnés desde o lanzamento exterior, o que fixo que as carballesas tiveran que modificar a sua defensa en varias ocasións. 
Na reanudación, as de Zarra mostráronse algo máis entonadas, conseguindo rentas de ata tres goles de vantaxe. Pero unha serie de ataques ben executados, con lanzamentos ós paos e dúas invasións de área, permitiron ás locais subirse ó encontro de novo, xestionando moito mellor o tramo final do encontro, o que lles deron a victoria final(28-25).
As carballesas recibirán na próxima semana a UB Lavadores no CEIP Fogar