O Grupo Lemaco A pecha a Liga Ouro con victoria ante o Bm. Chapela

O Grupo Lemaco A pecha a Liga Ouro con victoria ante o Bm. Chapela

O Grupo Lemaco A pechou a súa participación histórica na Liga Ouro 24/25 cunha nova victoria ante un combativo Bm. Chapela(31-28) que se mostrou moi incisivo durante todo o encontro. As carballesas mostraron un pouco máis de falta de intensidade e concentración tamén debido ás derradeiras semanas de estrés de competición onde tiñan moito en xogo. A pesar diso, o rendemento mostrado en defensa permitiulles estar máis desatinadas no ataque nun encontro que foron dominando no marcador sempre. Minutos e probaturas para o que lle ven ó equipo cadete femenino nas vindeiras fechas cunha Copa Federación que lles servirá para preparar o Sector Nacional de maio.