7ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino
Iberconsa Reconquista Vigo 36 – Grupo Lemaco Xiria A 44 (19-23)
Nova vitoria e remate de ano para o Grupo Lemaco diante do Reconquista vigués.
Partido de moitos goles e pouco rigor defensivo, si ben o Xiria intentou atallar o ataque do rival, cada acción convertíase en 7 metros en contra. Optou o equipo por unha defensa máis avanzada lonxe dos 6 metros, para de algunha maneira frear a sangría sufrida coas penas máximas.
Non tivo excesivos problemas no ataque, como ven sendo habitual, o Grupo Lemaco, rompendo o sistema defensivo do rival, penetrando polo centro da defensa e xogando incisivamente co pivote tras creas espazos.
Agora o parón do Nadal, sitúa o próximo compromiso para o 15 de xaneiro.
Iberconsa Reconquista Vigo 36 (19): David González, Lucas Raposo, Simón Vázquez 4, Isaac Mani 8, David García, Nicolás Lamas 9, Nicolás Fernández 3, Jesús Murillo 4, Andrés Soto, William Lowe 1 e Aaron Rodríguez 7.
Grupo Lemaco Xiria A 44 (23): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 2, Marcos Suárez 15, Nico Cancela 4, Marcos Varela 7, Brais Suárez 3, Simón Viña, Alvaro García, Dani Periscal 5, Aday Gómez 1 e Jorge Rodríguez 7.
Arbitrou: Alberto Rodríguez