O Grupo Lemaco “A” remonta diante do Carballal

15ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 34 – AD Carballal 28 (12-17)

Moi mala primeira metade para os carballeses que perdían o balón no ataque sen sequera atacar a portería contraria e que cando o conseguían topáronse co porteiro contrario, errando ata 11 lanzamentos claros nestes primeiros 30 minutos.
Con 5 goles abaixo no descanso non quedou outra que apremar en defensa e atopar solucións óptimas no ataque, a consigna foi darlle maior profundidade as accións e buscar directamente a portería contraria. Menos erros de lanzamento e moitas menos perdas de balón en ataque propiciaban no comezo da segunda metade igualar o choque e cos minutos marcar distancias no marcador chegando a ese 34 a 28 final.

Grupo Lemaco Xiria A 34 (12): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 6, Henrique 12, Aday, Marcos Suárez 9, Nico Cancela, Marcos Varela 2, Brais Suárez 1, Simón 1, Maxi 3, Jorge 1, Alvaro García.

Ad Carballal 34 (17):
Hugo Carreira, Yago López 13, Manuel García, Xurxo Otero 1, Nicolás Vila, Anxo Barciela 6, Blas Silva, Xoel Malfaz 3, Carlos Barciela, Laro García 2, Xabier Barreiro, Adrián González 3 e Bruno Pérez.

Arbitraron: Pablo Barreiro e Renzo Díaz