O Grupo Lemaco “A” segue a sumar diante da Sar

Sar Redondela 21 – Grupo Lemaco Xiria A 29 (7-15)

Sempre é difícil xogar nunha cancha como a Bombonera, pavillón de Redondela, e nonfoi menos desta vez. O Grupo Lemaco apenas atopou sensacións e sobre todo seguridade na súa defensa, deixou que o rival continuase no encontro a pesar de dominar no descanso de 8 goles.
No inicio do encontro o Xiria sofría a baixa de Erik que se sumaba a de Dani Bello, polo que os recambios no centro da defensa estiveron baixo mínimos, algo que se notou nos segundos 30 minutos. Pero o equipo carballés foi capaz de materializar as oportunidades de ataque e mentres durou a estabilidade defensiva foi definindo o marcador.
Na segunda metade a Sar de Redondela atopaba con facilidade ao seu pivote e a pesar dun xogo embarullado e ao límite do regulamento ía conseguindo gol, pero a superioridade do Grupo Lemaco no seu ataque posicional achegaba o marcador a unha cifra imposible para os locais, 21 a 29 goles

Sar Redondela 21 (7) Iago Carballo, Román Lago 2, Aaron Fernández 3, Brais Fagias 3, Guillermo Murillo 4, Andrés González 3, David Fernández 3, Pablo Gómez, Lucas Vidal, Lois Rodríguez.

Grupo Lemaco Xiria A 29 (15): Antón Pardiñas (porteiro), Erik Vázquez, Xurxo Fraga 3, Marcos Amarelle, Manu Rey 4, Hugo García 5, Angel Villar 1, Miguel Cambón 1, Manu Pérez 5, Pablo Veiga 8, Pablo Suárez 2 e Chema Negreira.

Arbitraron: Sergio Murillo e Pedro Pérez