O Grupo Lemaco A sobreponse a unha mala primeira metade

Grupo Lemaco Xiria A 35 – Abegondo Casa Torreiro 35 (15-21)
Remou contra corrente o equipo carballés ata conseguir o empate na derradeira acción do partido.
Os desaxustes defensivos foron notorios nos primeiros 30 minutos, onde o Abegondo materializaba en gol cada acción. Tampouco en ataque estaba a facer un bo encontro o Grupo Lemaco, pois non soubo ler a defensa proposta polo rival, non conseguía gol e facilitaba balóns para as contras do Abegondo.
Na segunda metade viuse un equipo máis intenso na defensa, anticipándose nas accións e poñendo en dificultade aos contrarios. A lectura no ataque tamén foi distinta a anterior, sabendo por onde facer dano ao rival e conservando o balón ata boas posicións de lanzamento.
Empate que proclama ao Grupo Lemaco como campión do seu grupo en espera do próximo formato de liga que decida a federación estas semanas.

Grupo Lemaco Xiria A 35 (15): Alex Vázquez (porteiro), Samuel Veiga 3, Erik Vázquez 4, Angel Viña 6, Alberto Rodríguez 2, Nicolás García 1, Manuel Rey 2, Pablo Veiga 14, Xurxo Fraga 1, Miguel Cambón, Marcos Amarelle 2 e Hugo García.

Abegondo Casa Torreiro 35 (21): Juan Pérez, Diego Roel 2, Martín Bestilleiro, Diego Reparaz, Sandro Rey 4, Jorge Caamaño 1, Andrés Garrote 11, Adrián Torras 1, Antón Cadaveira 11, Unai García 5

Arbitraron: Henrique Folgoso e Iván Hernández