O Grupo Lemaco “A” Subcampión da Copa Galicia

O Grupo Lemaco disputaba esta fin de semana as semifinais da Copa Galicia en categoría Cadete Masculino, chegaban xunto co Xiria a esta fase final o Lalín, Carballal e Cisne. O Grupo Lemaco derrotaba ao Lalín na súa casa e plantábase na final diante do Cisne pontevedrés que facía o mesmo co Carballal de Vigo. Na final un Cisne moi superior superaba ao Xiria facéndose co título de Campión de Copa Galicia.

SEMIFINAL
Upi Informática Lalín 27 – Grupo Lemaco Xiria A 28 (12-17)
A primeira semifinal afrontaba aos carballeses diante o Upi Informática Lalín. O Xiria saíu moi metido na faceta defensiva con intensidade e sabendo por onde atallar ao ataque rival, o 5:1 defensivo funcionaba e por veces permitía as contras. Non andaba tan ben o Grupo Lemaco no ataque que ante si tiña unha das defensas máis duras da competición, pese a elo, souberon os xogadores sacar froito do acerto cara gol.
Na segunda metade as exclusións lastraron un pouco a fortaleza defensiva do Xiria que cedeu por veces ante o empuxe do rival. Os de Carballo foron dosificando a renda co marcador e a pesar de fallar 3 sete metros na derradeira parte do encontro metíanse en semifinais.
Upi Informática Lalín 32 (14): David Failde, Pablo López 4, Sergio Munín 4, Juan Villar 4, Alejo Varela 4, Xosé Cuiña 1, Pablo Pérez , Jaime Conde 5, Miguel Aller 1, Diego Vázquez, Nahuel Talenca 4, Mario García, Oscar Hermida e Adrián Hermida
Grupo Lemaco Xiria 26 (11): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 3, Manu Pérez 1, Pablo Veiga 6, Pablo Suárez, Diego Mourelle 1, Hugo García, Angel Villar, Henrique Traba 10, Miguel Cambón 1, Erik Vázquez 1, Dani Periscal 3, Manu Rey 2, Chema Negreira e Marcos Amarelle.
Arbitraron: Joel Colmenero e Martín Rodríguez

FINAL
Grupo Lemaco Xiria A 22 – Cisne Colegio los Sauces 43 (12-20)

O Cisne desfacíase na outra semifinal do Carballal por 29 a 34. E sen tempo para máis a 30 minutos de acabar as dúas semifinais, ambas empezaran as 10:30, as 12:30 comezaba a final, algo que acusou en demasía o Xiria pois o duro e intenso partido co Lalín pasou factura en forma de lesión en varios xogadores, Hugo, Erik e Pablo Veiga non poideron disputar a final.
Partido que dominou en todo momento o Cisne, o Grupo Lemaco aguantou na primeira fase do encontro en defensa pero estivo moi desacertado cara a gol e as diferenzas no marcador ían ampliándose co transcorrer dos minutos.
Encarouse a segunda metade cun 12 a 20 de inicio e o Xiria xa bo fixo de acabar o encontro con forzas moi xustiñas e con amplo marxe para os de Pontevedra que se proclamaban Campións de Copa ao igual que fixeron na Liga amosando a súa superioridade.

Grupo Lemaco Xiria 22 (12): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 2, Manu Pérez 3, Pablo Veiga, Pablo Suárez, Diego Mourelle , Angel Villar 1, Henrique Traba 7, Miguel Cambón, Dani Periscal 5, Manu Rey 2, Chema Negreira 1 e Marcos Amarelle 1.
Cisne Colegio los Sauces 43 (20): Antón Rodríguez, Mateo Monteagudo, Hugo Casal, Xoan Fernández 6, Mauro Lago 3, Mateo Castro 2, Miguel Domínguez 6, Manuel Lorenzo 8, Breixo Fentanes 4, Pedro Fernandez, Adrian Rey 4, Manuel Hernández 6 e Alberto Sampedro 2

Arbitraron: José Pérez e Martín Rodríguez