O Grupo Lemaco “A “ supera con facilidade ao Balonmán Viveiro

Grupo Lemaco Xiria «A» 56 Balonmán Viveiro 13 – (25-7)

Demasiadas facilidades dou o Viveiro nesta visita a Carballo, dende o inicio o partido converteuse nun dominio absoluto do Xiria, que ao pouco que presionaba en defensa conseguía a posesión do balón para lanzar as contras e irse no marcador.
Tan so a relaxación por veces e o dobre pivote cando o Viveiro era quen de facerlles chegar o balón a dentro, causaban dificultades a defensa local, que se dedicaba máis a facerse co balón que impedir a progresión do rival cara a portería. O desgaste físico pasou tamén factura aos de Viveiro, o que agrandou enormemente as diferenzas no resultado final.

Grupo Lemaco Xiria A 56 (25): Alex Vázquez (porteiro), Samuel Veiga 3, Erik Vázquez 9, Angel Viña 11, Samuel Regueira 5, Alberto Rodríguez 5, Nicolás García, Manuel Rey 5, Pablo Veiga 5, Xurxo Fraga 10, Miguel Cambón 2 e Marcos Amarelle1.

Balonmán Viveiro 13 (7): Juan Castro, Héctor Umpierrez, Edgar Durán 2, Pablo Piñón 3, José Fernández 2, Martín Gómez , Hugo Cao, Mael Pérez, Lucas Méndez 1, Gabriel Mariño 5 e Manuel Vázquez

Arbitraron: Henrique Folgoso e Iván Hernández