Cómodo partido para as nenas do Grupo Lemaco A que impuxeron a súa superioridade ante un Seis do Nadal que nada puido facer e que se mostrou moi combativo a pesares da diferencia no electrónico .
As carballesas saíron entonadas desde o primeiro momento no que a portería contraria se refire, non así na defensa onde a espera na liña de seis metros produciu numerosos penaltys e goles en penetracións das visitantes. No descanso a diferencia(23-10)xa era decisiva nun partido onde a liña do segundo tempo non variou. Con este resultado(45-18), o Grupo Lemaco A comanda a clasificación no Grupo B con tres victorias en outros tantos partidos.
Na próxima xornada as carballesas xogarán o derbi coruñés contra o Brigantium na Coruña.