O Grupo Lemaco B acaba invicto tras impoñerse ao Lucus

Balonmán Lucus 26 – Grupo Lemaco Xiria B 42 (9-17)

Remataba a primeira fase da Liga Prata o equipo carballés gañando todos seus partidos, agora deberá medirse como primeiro de grupo ante o cuarto clasificado do grupo sur, o Balonmán Cisne B nos Cuartos de Final a dobre partido por unha praza na Final Four da División Prata.
Partido doado para o Grupo Lemaco a pesares das baixas dalgúns dos xogadores importantes, inicio igualado pola maior envergadura do Lucus, pero o orde defensivo e a circulación do balón en ataque foron marcando diferencias importantes no marcador xa ao descanso.
A segunda metade por momentos o lanzamento exterior dos locais poñía en apertos ao Xiria, pero a maior fluidez no ataque do Grupo Lemaco facía que a renda final quedase nun 26 a 42

Balonmán Lucus 26 (9): Adrián Feijoo 1, Adrián López, Brais Redondo 18, Unai López 5, Samuel Hermida, Bieito Martínez, Angel Canario e Juan Carlos Amedo 2

Grupo Lemaco Xiria B 42( 17): David Pensado, Manuel Pérez 6, Hugo García 3, Pablo Suárez 10, Miguel Cambón 10, Angel Villar; Marcos Suárez 4, Chema Negreira 1, Diego Mourelle 1 e Dani Periscal 7

Arbitraron: José Flores e Clara Mouriz