O partido no Fogar entre o cadete B e o Brigantium B comezou cunha defensa moi intensa das verdes que foron quen de manter durante todo o encontro. As coruñesas non puideron penetrar na 5:1 proposta por Zarra, que permitiu o desgaste físico las visitantes e numerosas oportunidades de recuperación de balón. Sin embargo, non tiveron éxito na faceta ofensiva durante toda a primeira metade, o que deixaba un resultado no descanso que non reflexaba o ben facer do Grupo Lemaco (14-5).
Non cambiou a dinámica na segunda metade pero sí a efectividade das locais que chegaban a numerosas accións no contraataque, aumentando con rapidez a diferenza no electrónico e chegando a un final de partido (40-12) sen demasiados contratempos.