O Grupo Lemaco B cae pelexando ante o líder

O Grupo Lemaco B cae pelexando ante o líder

Na mañán do domingo o Grupo Lemaco B agardaba a visita dun Balonmán Xallas disposto a manter o primeiro posto na liga nun Fogar repleto de xiadeiros de ambos clubes e a cita non decepcionou.

Claro indicador de que ambas defensas amosaron superioridade fronte os ataques foi a apertura do marcador no minuto 5. Dende entón, o Xallas buscou percutir no 5:1 do Xiria mediante o 1×1 da potente liña de Santa Comba, mentres que o Xiria optou por recurrir ás interceptacións de balón, anotando mediante transiciones en segunda oleada.  Pouco a pouco, mediante traballos de cruces, permutas e continuidades, o Grupo Lemaco localizou espacios en seis metros, aínda que as numerosas perdas de balón por pisar a liña mantiveron a paridade no electrónico ata que tres perdas consecutivas con contraataque deron a vantaxe a prol das visitantes para ir ó descanso (9-12).

Na segunda metade as carballesas tiveron un inicio estrepitoso cun parcial de 0-4 en contra que forzou un tempo morto no banco local. Pouco a pouco, pasando do traballo individual e voltando ó colectivo, o Xiria logrou limar as distanzas ata os tres tantos, que se mantiveron ata o agónico final no (20-23).

O resultado deixa ó Grupo Lemaco B na metade da táboa pero con derrotas axustadas, victorias contundentes e boas sensacións nun equipo con moitas baixas por lesión. Agra toca esperar pola pronta recuperación de Noa Quintela, Julia Verdes e Sam para encarar a segunda volta da liga.