O Grupo Lemaco “B” dalle a volta ao partido e gaña ao Atlántico

Grupo Lemaco Xiria B 33 Balonmán Atlántico 32 – (14-20)

A fe na vitoria estivo presente sempre na mente dos xogadores co Grupo Lemaco que non baixaron os brazos pese a por momentos estar moi distantes de conseguir dobregar ao seu rival.
Moita maior velocidade nos primeiros intres do encontro para o Balonmán Atlántico que ía mandando no partido e no marcador, cada acción dos rivais creaba dúbidas na defensa carballesa que se vía desarborada. Foi pechando as súas liñas o Xiria creando precipitación no ataque dos de Oleiros, e cada balón que recuperaba era transformado nunha rápida contra.
Preto do final, o Grupo Lemaco seguiu insistindo, conseguiu empatar o encontro a falta de 10 minutos e nun novo empurrón final superou no marcador a un rival que a priori presentábase moi superior.

Grupo Lemaco Xiria B 33 (14): David Pensado, Manuel Rey 2, Manuel Pérez 5, Marcos Amarelle 1, Pablo Veiga 10, Hugo García 4, Pablo Suárez 5, Bruno Facal 1, Dani Bello 5, Miguel Cambón e Angel Villar.

Balonmán Atlántico 32 (20): Enmanuel García, Daniel González 6, Marcos Vidal 4, Pedro Gil 5, Alexander Mendoza 2, Pablo Castiñeira, José Morales, David Martínez 9, Pablo Vara 1, Diego Lema 4
Arbitraron: Chistian García e Gabriel Folgoso