O Grupo Lemaco “B” gaña ao Camariñas

11ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino
Balonmán Camariñas 31 – Grupo Lemaco Xiria B 37 (16-19)

Bo partido do Grupo Lemaco B que controlou ao seu rival dende o asubío inicial e foi impoñendo o seu ritmo de partido o longo dos 60 minutos.
Chegaban os carballeses con máis folgura diante da portería rival logo de mover con criterio e continuidade o balón, as imprecisións do Camariñas ante a presión defensiva do Xiria aportaba balóns para a saída a contra e ir abrindo distancia no marcador.
Xogou comodamente a segunda metade o Grupo Lemaco ao ver que era capaz de transformar en gol case cada ataque.

Balonmán Camariñas 31 (16): Alejandro Lobelos, Anxo Vigo, Aaron Calvo 7, Xaquín Hermida, Daniel Paz 4, Brais Dono 2, Leandro Canto 1, Lucas García 7, Mateo Carlín 1 e Fabio Pasantes 9

Grupo Lemaco Xiria B 37 (19):
Xano Rama, Dani Marta e Izan Cabeza (porteiros), Marcos Varela 11, Simón Viña 1, Alvaro García 1, Alvaro Gómez 1, Nico Cancela 12, Aday Gómez 1, Xabi Fernández 2, Andrés Pombo 4, Nico Mejuto 3 e Andrés Pedreira 1.

Arbitraron: Azucena Reboredo e Paula Peteiro