O Grupo Lemaco “B” gaña ao Oar en Coruña

5ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Oar Coruña- Grupo Lemaco Xiria B 40 – 41 (20-17)
Nova vitoria para os máis noveles da categoría ao impoñerse pola mínima aos coruñeses do Oar a domicilio. Non foi un partido fácil e os xogadores do Xiria tiveron que remar contra a corrente durante bo tramo do mesmo.
Saíu mellor situado, sobre todo no 6:0 defensivo o Grupo Lemaco, o Oar tiña dificultades para chegar a posicións claras de lanzamento, o Xiria pola súa parte desperdiciaba demasiados ataques para irse folgado no marcador e permitía ao rival empatar o partido e nos intres finais da primeira metade irse 3 goles arriba 20 a17.
Como na defensa estaba sufrir moito, encaixando demasiados goles, o Xiria optou por adiantarse nun 5:1 presionante e imprimir moita maior velocidade nas transicións de ataque, permitindo de este xeito achegarse no marcador e gañar o partido nos minutos finais.

Oar Coruña 1952 40 (20): Leo Cousillas, Yan Rusmir, Javier Corredoira, Carlos Ortiz 1, Leo Fagot 1, Roi Tarrio 3, Rodrigo Serantes 5, Matias Castro 7, Sergio Prada 8, Angel Ortiz 15.

Grupo Lemaco Xiria B 41 (17): Xano Rama e Izan Cabeza (porteiros), Aday 5, Simón 5, Marcos Varela 12, Nico Cancela 12, Alvaro García 3, Alvaro Gómez 3, Xabi 1, Diego Barbeira, Nico Mejuto e Andrés Pedreira 3.

Arbitraron: Rubén Iglesias e Ivan Alonso