O Grupo Lemaco “B” gaña ao Ribadosar cun gran partido

6ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino
Grupo Lemaco Xiria B 45 – Bm. Ribadosar 17 (19-8)

O Grupo Lemaco B fixo este domingo o mellor partido da tempada, os xogadores estiveron inmensos ante un Ribadosar que se viu desbordado dende o asubío inicial.
Fortes e infranqueables na defensa e contundentes no ataque, foron un rodillo diante do rival, que se viu sorprendido e por veces acurralado ante o bo facer dos carballeses.
A mellor disposición sobre o terreo de xogo e a maneira de finalizar con precisión cada ataque foron marcando diferenzas dende os primeiros minutos, o Xiria tiña maior ambición, e corría as contras para marcar e definir o partido ao seu favor.
A melloría do equipo viuse dende a portería ata a finalización dende os extremos e pivotes neste partido, o Grupo Lemaco B sitúase segundo na clasificación da Liga Prata e aspira a dar alcance ao Balonmán Atlántico actual líder

Grupo Lemaco Xiria B 45 (19): Xano Rama e Izan Cabeza (porteiros), Aday, Simón 4, Alvaro García 2, Alvaro Gómez 3, Xabi Fernández 2, Nico Cancela 17, Marcos Varela 8, Nico Mejuto 3, Andrés Pombo 3 e Andrés Pedreira 3.
Bm. Ribadosar 17 (8): Alberte Nercellas, Alex Graña 5, Gabriel Torea 3, Mateo Mosquera, Erik Molina, Pedro Sarrapio 8, Brais Ledo, Xulián Díaz e Daniel Campo.

Arbitraron: Cristian García e Ivan Hernández