Balonmán Viveiro 25 – Grupo Lemaco Xiria B 39 – (13-16)
Partido de dúas caras en Viveiro, onde o equipo local aproveitando a maior envergadura conseguía na primeira metade manterse no partido a base de xogo lento e combinando co pivote e xogadores desdobrados. Non eran capaces os carballeses de imprimir velocidade a saída do balón, polo que no xogo posición en posición tamén tiñan dificultades para impoñerse.
Tras o descanso, unha defensa máis intensa sobre o balón do Grupo Lemaco, permitía a base de anticipación facerse co balón en defensa e lanzarse a contra en busca do gol, pasaron poucos minutos desta segunda parte e o Xiria xa cobraba unha boa vantaxe no marcador que sentenciaba de forma clara o encontro.
Balonmán Viveiro 25 (13): Juan Castro, Héctor Umpierrez 1, Edgar Durán 4, Pablo Piñón 4, José Fernández 3, Martín Gómez 1, Eneko García 1, Hugo Cao, Mael Pérez 6, Lucas Méndez 2, Gabriel Mariño 3 e Manuel Vázquez
Grupo Lemaco Xiria B 39 (16): David Pensado, Pablo Veiga 11, Manuel Rey 6, Manuel Pérez 4, Marcos Amarelle 2, Hugo García 4, Pablo Suárez 7, Miguel Cambón 1, Angel Villar, Dani Bello 4 e Chema Negreira
Arbitraou: Raquel Martínez Pita