O Grupo Lemaco “B” pecha a Liga Prata gañando ao Lucense

14ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria B 43 – Balonmán Lucense 31 (20-17)

Gran partido o xogado por parte do segundo equipo cadete diante do Lucense para pechar a primeira parte da competición da Liga Prata.
Saíu moi concentrado e sabedor por onde tiña que amarrar ao rival en defensa e con moito descaro e xogo combinado no ataque, onde os xogadores locais fixeron o mellor partido da tempada. Si na primaira metade costaba irse no marcador non superando nunca os 4 ou 5 goles, pois o Lugo sempre remontaba, foi na segunda metade onde a velocidade de xogo e a lectura da defensa rival deron unha cómoda vitoria ao Xiria.
Agora a esperar a seguinte fase onde se medirá pola clasificación cos equipos dos grupos de Pontevedra Ourense.

Grupo Lemaco Xiria B 43 (20): Xano Rama, Dani Marta e Izan Cabeza (porteiros), Marcos Varela 12, Simón Viña 4, Alvaro García 2, Alvaro Gómez, Nico Cancela 16, Aday Gómez 3, Xabi Fernández, Diego Barbeira 1, Andrés Pombo 4, Andrés Pedreira 1.

Balonmán Lucense 31 (17):
Martín Alonso, Andre Fernández, Adrián Mosquera, Alejandro Prado 1, Amir Berka 3, Roi Lence 3, Samuel Manín, Ivan Vila, Lucas Díaz 6, Gabriel Arean e Pablo Navia 18

Arbitraron Renzo Díaz e Iván Hernández