O Grupo Lemaco B planta cara pero con pouco acerto ante o campión de plata

O Grupo Lemaco B planta cara pero con pouco acerto ante o campión de plata

O Grupo Lemaco B disputou o derradeiro encontro da tempada ante o Culleredo A no encontro celebrado na mañá do sábado no Vila de Noia.

As carballesas plantexaron un encontro con unha defensa 6:0 na que por momentos sufriron a superioridade física das cullerdenses. No ataque o xogo combinativo das carballesas tiña premio moral, pero non material, onde ó xenerar as situacións cómodas de lanzamento, ou non atinaban ca portería, ou o bo facer da gardarredes tiraban o traste as oportunidades de gol carballesas. Co paso dos minutos, as vermellonas foron consolidando as vantaxes, sumando os dous puntos.