O Grupo Lemaco B supera ao Balonmán Narón

Grupo Lemaco Xiria B 35 – Balonmán Narón Ferrolterra Grupo capela 25 – (17-14)

Non lle treme o pulso aos xogadores de primeiro ano do Grupo Lemaco, medíanse ante un dos favoritos e rival máis forte da súa liga, e pese a empezar sendo superados polo rival, deron volta ao partido e fixéronse cunha cómoda vantaxe que os segue a situar líderes destacados.
Empezaba o encontro cun Balonmán Narón moi metido en tarefas defensivas, apostando por unha defensa pechada no centro, tan so permitindo lanzamento polos extremos, algo no que o Xiria nos primeiros minutos non se mostrou moi eficaz, batendo co porteiro de Narón e sufrindo no marcador cun 2 a 6.
Tiña que resolver o Grupo Lemaco os problemas que tiña no centro do ataque, con desdobramentos e con bos lanzamentos exteriores, o Narón empezou a ceder, e xa no descanso mandaban os locais por tres goles.
Na volta a pista, o Grupo Lemaco seguiu apostando pola defensa aberta, algo que non poido resolver o rival e facía que o Xiria se lanzase en contragolpes cada vez que podía, a defensa naronesa perdía eficacia e os locais rompían o marcador chegando ao 35 a 25 final

Grupo Lemaco Xiria B 35 (17): David Pensado, Chema Negreira, Manuel Rey 5, Manuel Pérez 2, Marcos Amarelle 2, Pablo Veiga 6, Pablo Suárez 4, Miguel Cambón 5, Angel Villar 1, Dani Bello 10 e Bruno Facal

BM. Narón-Ferrolterra 25 (14): Oscar Rodríguez 6, Pablo Lage 7, Mario Casal 8, Antón Rodríguez, Manel Franco, Lucas Freire 4, Jorge Catalán 1, Daniel Lamas e Martín Ferreño 5
Arbitrou: Angel Mateos